lunes. 25.01.2021 |
El tiempo
lunes. 25.01.2021
El tiempo

Activada a alerta amarela en todo o litoral galego para este luns

Oleaje en Valdoviño.KIKO DELGADO
Oleaje en Valdoviño.KIKO DELGADO
O aviso empezará a levantarse pola tarde

A alerta amarela por temporal costeiro esténdese este luns a todo o litoral galego despois de que este domingo estivese activado na Mariña luguesa e na provincia da Coruña.

Así, segundo figura no mapa de alertas de Meteogalicia, todo o litoral de Galicia, de Ribadeo á Guarda, permanecerá en aviso amarelo desde a madrugada do luns por mar de fondo.

Deste xeito, espéranse ondas de entre 4 a 5 metros en toda a costa galega.

A alerta empezará a levantarse xa pola tarde, primeiro nas Rías Baixas e na Mariña a partir das 15,00 horas e, máis tarde, a partir das 18,00 horas, na costa coruñesa.

Activada a alerta amarela en todo o litoral galego para este luns
comentarios