Controlado o incendio de Vimianzo tras queimar unhas 30 hectáreas

Incendio en Vimianzo. ATBRIF
photo_camera Incendio en Vimianzo. ATBRIF

Un incendio declarado en Vimianzo, na parroquia de Berdoias, quedou controlado pasadas as once e media da noite do mércores tras queimar unhas 30 hectáreas.

Segundo informou a Consellería de Medio Rural, o lume comenzou ás 15.47 horas. No seu control total traballaban cinco helicópteros, tres avións, cinco motobombas, 12 brigadas, catro axentes e unha pa. 

Por outra banda, o incendio que afecta desde a madrugada do mércores á parroquia santiaguesa de Laraño controlado desde as 17.05 horas. 

Segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural, as chamas queimaron 17,9 hectáreas de superficie arboredo nunha zona próxima a casas, aínda que a dirección do vento axudou a que non se visen afectadas. 

O lume iniciouse ao fío das 05.35 horas deste mércores, polo que os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que sexa provocado. 

En concreto, trátase do segundo incendio na zona suroeste da capital galega na última semana despois do rexistrado o pasado venres na parroquia de San Paio, en Vidán; un lume "provocado", segundo sinalou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa o pasado luns, que recordou que xa se produciu outro lume uns días antes na mesma área.