Dous actores porno ilustran a folla parroquial da igrexa do Grove

A foto acompaña un texto sobre o diálogo na vida familiar

La polémica foto en el boletín parroquial. EP
photo_camera A polémica foto no boletín parroquial. EP

Na vida, non todo é o que parece; e en internet menos. E se non que llo digan aos redactores do boletín das parroquias de San Martiño e San Vicente do Grove, quen ilustraron un texto sobre o diálogo na vida familiar cunha foto dun mozo e unha moza que resultaron ser dous afamados actores porno. 

As parroquias distribuíron máis de mil exemplares da publicación do mes de marzo, na que saen Johnny Sins e Jayden Jaymes vestidos e sentados nun sofá sen mirarse e, sobreimpreso, un texto en portugués: "Nos días actuais é muito comun ver discussõé bobas entre casais. Falta de comunicasãou e diálogos saudáveis". 

Segundo explicaron as parroquias, todo se trata dun erro xa que os encargados do boletín colleron unha foto de internet descoñecendo quen era a parella. 

Comentarios