Adif pecha ata o 25 de xuño a liña entre Zamora e Ourense tras o accidente do Alvia

Renfe establecerá un Plan Alternativo de Transporte por estrada para os clientes dos servizos afectados, que inclúe transbordos en autobús entre a localidade castellanoleonesa e a cidade das Burgas ou Pontevedra
Operarios acordonan el lugar en el que se produjo el descarrilamento de un tren Alvia en La Hiniesta, Zamora. EFE
photo_camera Operarios acordoan o lugar no que se produciu o descarrilamento dun tren Alvia en La Hiniesta, Zamora. EFE

Adif acordou o peche de xeito "extraordinario" da liña férrea entre Zamora e Ourense ata o 25 de xuño tras o accidente do Alvia rexistrado este pasado martes nas inmediacións da base de montaxe de La Hiniesta e que custou a vida a dúas persoas, entre elas un maquinista de 32 anos. O obxectivo deste corte, segundo explicaron desde a administradora, é o de reparar os danos na infraestrutura tras o choque do tren contra un todoterreo que caeu á vía desde un paso superior. 

Segundo o xestor de infraestruturas ferroviarias, aproveitarase este peche da liña para acometer "unha serie de actuacións xa previstas", co minimizar a repercusión sobre a conexión ferroviaria entre Madrid e Galicia neste período de redución "da mobilidade debido á urxencia sanitaria". Mentres duren as obras, Renfe establecerá un plan alternativo de transporte por estrada para os clientes dos servizos afectados, que inclúe transbordos en autobús entre Zamora e Ourense, así como entre Pontevedra e Zamora, en función da ruta. 

Os traballos de Adif, por outra banda, consistirán na modernización da sinalización e control do tráfico no tramo Pedralba-Taboadela, a renovación da infraestrutura no tramo ourensán da liña Madrid-Galicia e diferentes obras "relacionadas coa adaptación do traxecto aos parámetros da alta velocidade" no tramo Taboadela-Ourense

A administradora ferroviaria adaptou así o seu plan de traballo despois do accidente do Alvia en La Hiniesta que custou a vida a dúas persoas, un novo maquinista coruñés e o condutor do vehículo ao que impactou o tren, de 89 anos de idade. 

Comentarios