jueves. 17.06.2021 |
El tiempo
jueves. 17.06.2021
El tiempo

Adif sitúa a chegada do Ave na primavera de 2021

Obras de un tramo del Tren de Alta Velocidad Madrid-Galicia, a su paso por Zamora. EFE (AEP)
Obras dun tramo do tren de alta velocidade Madrid-Galicia, ao seu paso por Zamora. EFE (AEP)
Os prazos que dá Pardo de Vera comprometen a alta velocidade para o Xacobeo, horizonte que fixou a Xunta

O Ave entre Madrid e Galicia podería estar operativo na primavera de 2021, unha vez completadas as probas de freado co sistema europeo ERTMS, que atrasaron os prazos. Así o afirmou este domingo a presidenta de Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, en declaracións a Cadea Ser, nas que explica que o mencionado sistema de seguridade —o mesmo que non funcionaba en 2013 na curva de Angrois onde se produciu o fatal descarrilamento dun Alvia— causou unha demora, xa que "debe ser testeado antes de empezar a funcionar porque instalalo coa liña en explotación é un calvario para os técnicos". 

Os prazos dados pola máxima representante da firma xestora das infraestruturas ferroviarias poñen en dúbida, pois, que o Ave a Galicia estea listo para o Ano Santo 2021, que é a principal reclamación da Xunta. A pesar de que os meses máis turísticos son os estivais, o Goberno galego estenderá os eventos do Xacobeo a todo o ano, e na súa primeira metade parece seguro que non haberá alta velocidade. Ademais, unha eventual incidencia podería atrasar aínda máis a súa chegada, algo que non descartou Pardo de Vera, aínda que tranquilizou ao afirmar que "a día de hoxe, a posibilidade de que se produza algunha avaría gorda durante as probas é mínima". 

"DESPREZO" A GALICIA. Só uns minutos antes das declaracións da responsable de Adif reuníase a comisión de infraestruturas do PPdeG, na que se cuestionou a política do Goberno central na materia no caso de Galicia. "É un desprezo, tanto no Ave, negándose a crear unha comisión para o seguemento dos prazos, como nos constantes problemas na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense", afeou o secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado

Tamén cargou con dureza contra o Executivo de Sánchez por poñerse "do lado de Audasa e en contra dos usuarios da AP-9 no xuízo polo pago da peaxe durante as obras na ponte de Rande".

Adif sitúa a chegada do Ave na primavera de 2021
comentarios