Un adolescente resultou ferido de consideración na tarde deste martes ao ser atropelado por un camión nun paso de peóns en Redondela, á altura do edificio do conservatorio.
Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foron varios os particulares que avisaron do accidente, que tivo lugar sobre as 18.50 horas deste martes.
Tras recibir a alerta, os xestores de urxencias informaron os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que debido á gravidade do suceso mobilizaron unha ambulancia medicalizada ao lugar.
Ademais, deron conta dos sucedido aos axentes de Tráfico, da Policía Nacional e Local, que se desprazaron ao momento.