lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Os aeroportos galegos aumentaron do 9,3% ao 13,9% os pasaxeiros en febreiro

Aeroporto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)
Aeroporto de Peinador. SALVADOR SAS (EFE)

O aeródromo vigués de Peinador foi o que rexistrou un maior aumento

Os aeroportos galegos rexistraron en febreiro pasado un incremento do 13,9% de pasaxeiros en Vigo, do 12,4% en Santiago de Compostela e do 9,3% na Coruña, segundo datos divulgados este luns por Aena, a firma que os xestiona.

O aeródromo vigués de Peinador tivo 66.323 pasaxeiros en febreiro, un 13,9% máis que no mesmo mes de 2017, dos que 64.355 foron de voos no interior de España, un aumento de 14,1%, e 1.968 en traxectos internacionais, un 6,6% de incremento.

O aeroporto compostelán de Rosalía de Castro-Lavacolla rexistrou o segundo maior crecemento de Galicia, con 12,4% máis que en febreiro do ano pasado, e continúa sendo líder o número de pasaxeiros, cun total de 167.158, dos cales 137.303 procedían de voos internos de España e 29.751 de desprazamentos con outros países.

Pola súa banda, o coruñés de Alvedro rexistrou un total de 86.596 pasaxeiros, un 9,3% máis que no mesmo mes do ano anterior, dos cales 76.763 en voos interiores en España e 9.158 en traxectos internacionais.

En canto a mercadorías, o da capital galega rexistrou 224 toneladas, un aumento do 24,4% respecto de febreiro de 2017; seguido de 37 toneladas no de Vigo e de 8 toneladas no da Coruña.

Os aeroportos galegos aumentaron do 9,3% ao 13,9% os pasaxeiros en...
comentarios