Afectadas tres persoas por inhalación de fume nun incendio nunha vivenda en Vigo

O lume iniciouse no baño da casa, na rúa de Marín
Un camión de Bombeiros. ARCHIVO
photo_camera Un camión de Bombeiros. ARQUIVO

Un incendio declarado na madrugada do mércores ao xoves nun baño dunha vivenda en Vigo provocou que tres persoas tivesen que ser trasladadas por presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Atendendo á información do 112, o lume afectou a un biombo de plástico e a varias tubaxes.

A central de urxencias tivo coñecemento do suceso, na rúa de Marín, ao redor das 2.30 horas da madrugada. Nese momento, un particular contactou co 112 para alertar do incendio, o que levou a solicitar a intervención dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e do 061.