Galicia conta xa con case 236.000 traballadores afectados por un Erte

Desde o pasado venres a cifra presenta un aumento de 812 casos
2020041323445143149

Galicia conta con 235.944 persoas afectadas por un total de 36.124 expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes), segundo os datos ofrecidos este luns pola Xunta.

Esta cifra increméntase en 812 traballadores con respecto aos afectados do venres, un avance da contorna do 0,3%, algo superior ao aumento do 0,1% rexistrado entre o xoves e o venres.

Mentres tanto, aínda seguen pendentes de resolver o 3% dos Ertes presentados en Galicia, posto que a Xunta, que asegura "está a pór todos os medios ao seu alcance" para facelo en prazo, xa resolveu o 97% restante.

Así mesmo, os traballadores en Erte de índole estatal con impacto en Galicia son 32.397, os mesmos que o venres, mentres os afectados en 1.042 expedientes -un máis- a nivel autonómico son 20.641.

Por provincias, Pontevedra está á cabeza en número de empregados (83.217) en 12.667 ERTE. Séguelle A Coruña, con 66.218 traballadores en 13.973 expedientes; Ourense, con 18.024 en 4.284; e Lugo, con 15.447 en 4.158.

Comentarios