Agride a súa exparella no Grove, atrinchéirase na casa e dispárase dous tiros

A vítima tivo que ser evacuada por unha fiestra da casa e está  fóra de perigo. Ambos os dous foron trasladados a Montecelo

O GroveAs forzas de seguridade accederon á vivenda do Grove onde se atrincheirou no mediodía deste mércores un home tras disparar presuntamente á súa parella, da que tiña en vigor unha orde de afastamento.

O home, que foi achado vivo nunha das estancias da vivenda, presentaba dúas feridas por arma de fogo que, presuntamente, se causou el mesmo tras arremeter contra a vítima.

Segundo fontes próximas ao caso, a vida da vítima, que presenta feridas o pescozo e o coiro cabeludo, non corre perigo.

Os feitos tiveron lugar na céntrica rúa Castelao do Grove, onde acudiron efectivos da Garda Civil e da Policía Local Grove para convencer o individuo de que se entregase.

A muller ferida foi rescatada por unha fiestra polos servizos de urxencia, mentres o seu agresor permanecía atrincheirado na casa.

O presunto autor dos disparos, segundo fontes da investigación, ten antecedentes por violencia de xénero e chegou a ser detido hai apenas tres meses.