O alcalde de Fene, 8 meses sen carné tras triplicar a taxa de alcol o día das eleccións

Viaxaba ao seu domicilio tras permanecer no local do Partido Popular de Fene, tras a xornada electoral e despois de reunirse con afiliados e simpatizantes
Gumersindo Galego, alcalde de Fene
photo_camera Gumersindo Galego, alcalde de Fene. XUNTA

O alcalde de Fene (A Coruña), Gumersindo Galego (PP), foi condenado a unha multa de 600 euros e a retirada do permiso de conducir durante oito meses tras ser sorprendido cando conducía triplicando a taxa de alcoholemia permitida. 

En concreto, o rexedor foi interceptado nun control na N-651 situado nas inmediacións do centro urbano, sobre as 23,30 horas do pasado 10 de novembro, xornada na que se celebraron as eleccións xerais. 

Segundo fontes consultadas por Europa Press, foi entón cando se lle reclamou ao alcalde que se sometese á proba de alcoholemia, que arroxou un resultado de 0,80 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso, foi proposto para un xuízo rápido. 

Dous días máis tarde, o 12 de novembro, celebrouse a vista na que o xuíz condenou Gumersindo Galego cunha multa de 600 euros e a privación do permiso de conducir durante oito meses. 

Algunhas fontes consultadas por Europa Press trasladaron que esta situación colleu por sorpresa o rexedor, xa que xunto a el viaxaba de copiloto a súa esposa, e que decidiu porse ao volante ao estimar que a cantidade de alcol que consumira era mínima. 

Galego viaxaba cara ao seu domicilio tras permanecer no local do Partido Popular de Fene, logo da xornada electoral, e tras reunirse con afiliados e simpatizantes que estivera durante todo o día nos distintos colexios electorais.