O alcalde de Santiago alega que no pregón axuizado hai mera liberdade

O xulgado admitiu a trámite a querela interposta pola Asociación Española de Avogados Cristiáns contra o pregón do entroido, por supostas inxurias ao Apóstolo

Carlos Santiago, durante o pregón. CONCELLO DE SANTIAGO
photo_camera Carlos Santiago, durante ou pregón. CONCELLO DE SANTIAGO

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, apelou este venres á liberdade de expresión despois de que o xulgado admitira a trámite a querela interposta pola Asociación Española de Avogados Cristiáns contra o pregón do entroido nesta cidade, por supostas inxurias ao Apóstolo.

No mesmo, o dramaturgo Carlos Santiago fixo alusións, segundo denuncian os promotores da acción xudicial, aos "ovos (güevos)" do Apóstolo e insinuacións sobre felacións da Virxe do Pilar ao santo.

O rexedor da capital galega dixo, en rolda de prensa, que non pode "pensar que imos estar nun tribunal inquisitorial", porque estamos no "Século XXI e non son tempos da Inquisición".

É o que sinalou en resposta a preguntas dos medios de comunicación e confiou en que este feito "non leve ningunha outra consecuencia" para o artista.
Ademais, Noriega recordou que este é un tema do que se falou moito, e, ás veces, sen escoitar aquela intervención que se produciu desde o balcón do Pazo de Bendaña.

Así, o primeiro edil da capital galega relacionou esta denuncia cunha "guerra sucia contra o goberno municipal", pero que tamén se está levando por diante a vítimas "civís" como é o caso do propio Carlos Santiago.

Explicou, xa que logo, que aínda que os políticos están afeitos a gobernar "en determinados hábitats", hai "colectivos ou persoas que non deixan de ser vítimas civís", sobre as que non debería repercutir esta estratexia de confrontación.

Comentarios