Os alcaldes do Eixo Atlántico reivindican o seu papel no plan de reconstrución

Pontevedra acolle un encontro de rexedores ► O presidente da entidade ve "unha oportunidade para reforzar a capacidade de intervención dos poderes locais" e "presentar propostas concretas" 
JAVI 10.00-10.15  Llegada de alcaldes del Eixo Altántico al Teatro Principal A las 10.30 empezará pero solo nos dejan ir al anfiteatro. (Só se poderá acceder ao anfiteatro do Principal)  Inauguración do cumio de alcaldes e alcaldesas do Eixo Atlántico pola reconstrución post-covid
photo_camera Mesa presidencial e de relatores do cume do Eixo Atlántico celebrado en Pontevedra. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os concellos do Eixo Atlántico queren ser partícipes do plan de reconstrución social e económica da era poscoronavirus. E así o deixaron patente este xoves en Pontevedra, que acolleu a primeira reunión de alcaldes de dous países da Unión Europea que reivindican o papel das administracións locais para superar a crise que está a provocar a covid-19.

Nese foro, a alcaldesa de Lugo e vicepresidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez, reivindicou o papel das administracións locais e a participación dos concellos no plan de reconstrución. "Que se nos escoite, que se nos deixe participar e que se nos dote de recursos", pediu Méndez. 

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, referiuse a esta etapa como a maior crise que viviu Europa desde a Segunda Guerra Mundial e augurou que "nada vai ser igual despois da pandemia", polo que animou a reforzar a resiliencia das cidades para previr os efectos de futuras crises. 

Lara Méndez: "É fundamental que se nos escoite. Tanto onde temos competencias como onde non. Queremos que se nos dote de recursos"

O alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, incidiu en que o feito de reunirse en Pontevedra "practicamente todos" os alcaldes e presidentes de cámara do norte de Portugal e de Galicia "é unha demostración moi clara da relevancia deste momento".

Rio indicou que esta é "unha oportunidade para reforzar a capacidade de intervención dos poderes locais" e sobre todo, "de presentar propostas concretas" aos gobernos rexionais, nacionais "e á propia Unión Europea" para deseñar como interlocutores preferentes "as políticas de recuperación que esperamos que se concreten nos próximos meses". 

Entre as propostas expostas na reunión, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anfitrión do cume, destacou que entre as "políticas a seguir" tras a pandemia e coas que afrontar esta nova "era" coas "máximas garantías" están a propia relación entre Galicia e o norte de Portugal. Ademais, avogou por apostar pola competitividade da eurorrexión, polas novas tecnoloxías, por políticas de economía circular e por poñer "en valor o noso territorio". 

Fernández Lores: "Hai que apostar pola competitividade, as novas tecnoloxías, a economía verde e poñer en valor esta Eurorrexión"

"Somos unha porta de entrada de toda a mobilidade que vén do Atlántico e América, e temos que potencialo", sinalou o rexedor pontevedrés que, entre outras cousas, reclamou a mellora do tren entre Vigo e Porto e unha liña de mercancías de saída cara a Europa. 

Outras medidas propostas nesta conferencia de alcaldes son a reformulación das políticas urbanas, estimular a innovación e a captación de talentos

Fernández Lores confía en que as conclusións deste cume sexan "operativas" e os municipios do Eixo Atlántico poidan estar "ben situados" dentro dos plans de reconstrución e poder pedir proxectos concretos "que fagan avanzar cara ao futuro". 

Comentarios