Os alcaldes socialistas de Pontevedra esixen a "inmediata expulsión" de Gonzalo Durán

Os rexedores socialistas da provincia e varios tenentes de alcalde e edís remitiron un escrito dirixido a Feijóo e ao presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda

Gonzalo Durán. AEP
photo_camera Gonzalo Durán. AEP

s alcaldes socialistas da provincia de Pontevedra esixiron ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a "inmediata expulsión" do do PP do alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, por referirse á presidenta da Deputación, Carmela Silva, como "a chacha para todo" do rexedor de Vigo, Abel Caballero.

Os rexedores socialistas da provincia e varios tenentes de alcalde e edís remitiron un escrito dirixido a Feijóo e ao presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, no que censuran as "continuas faltas de respecto e actitudes machistas" do PP.

No texto, cualifican de intolerables as declaracións de Gonzalo Durán, que tamén cualificou de "ancián" ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e piden unha "reacción inmediata" do Partido Popular. "Cada segundo que pasa sen que ninguén no PP salga a condenar estas asquerosas palabras, cada segundo que pasa sen que os conservadores tomen medidas contra Durán, é un segundo máis de ofensa ás mulleres", aseguraron.

Ademais, advirten que "non van tolerar nin un insulto máis contra ningunha muller". "O machismo é unha secuela a extirpar da política e da sociedade", sinalan.

ASINANTES. En concreto, asinan o documento os rexedores da provincia: Fátima Abal (Cambados), Eva García (Porriño), Alberto García (Catoira), José Cacabelos (O Grove), Carlos Iglesias (A Illa), Alberto Varela (Vilagarcía), Abel Caballero (Vigo), Andrés Díaz (Pontecaldelas), Manuel Cuíña (Silleda), Manuel Campos (Cuntis), Juan González (Alcalde de Nigrán), Francisco Ferreiro (Gondomar), Antonio Lomba (A Guarda), Emiliano Lage (Fornelos), José Luís Poceiros (Vilaboa), José Sanmartín (Barro) e Juan Manuel Rei (Caldas de Reis). Ademais, tamén aparecen no texto a tenente de alcalde de Moaña, Marta Freire; a de Ponteareas, Chus Garrote; a de Poio, Consuelo Besada; o tenente de alcalde de Lalín, Nicolás García; o das Neves, Eduardo Mariño, e o edil de Ribadumia Pepe Lede.

Comentarios