A alcaldesa do Porriño denuncia a quen a chamou "rata de dúas patas"

Urbano González refírese a Eva García de la Torre como "mentireira compulsiva", "impostora" ou "trampera de Alaska"

La alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre. AEP
photo_camera A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre. AEP

A alcaldesa do Porriño, Eva García de laTorre (PSOE), presentou unha querela contra o cuñado e home de confianza do seu predecesor no cargo, o popular Nelson Santos, polos seus "reiteradas agresións verbais, insultos, inxurias e calumnias" vertidas contra ela en diferentes escritos.

Nun deses escritos, presentado no rexistro do Consorcio de augas do Louro o pasado 6 de novembro, o denunciado, Urbano González, suxire que á rexedora do Porriño habería que dedicarlle a canción Rata de dos patas, de Paquita la del Barrio.

Noutros escritos anteriores, González refírese a De la Torre como "mentireira compulsiva", "impostora", "usurpadora", "pantasma", "teatrera", "inepta" ou "trampera de Alaska", e compáraa co ministro nazi de Propaganda, Joseph Goebbels, e co líder de Corea do Norte, Kim Jong-un.

A alcaldesa do Porriño censura que as descualificacións do demandado tamén se dirixan cara aos concelleiros de Urbanismo, Marcelino Coto, e de Educación, Lourdes Moure, así como a un xornalista.

Da Torre recorda que tamén foi obxecto de insultos, tanto en persoa como a través das redes sociais, de membros do PP e de persoas vinculadas ao anterior alcalde, entre elas un irmán, ao que levou a xuízo, pero ao que lle retirou a acusación cando se desculpou.

Comentarios