A alcaldesa do Porriño sofre un accidente de tráfico

O sinistro desencadeouse tras unha manobra de adiantamento
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, no seu despacho. FB
photo_camera A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, no seu despacho. FB

A alcaldesa do Porriño, Eva García, sufriu este mércores un accidente de tráfico e viuse obrigada a suspender a súa axenda para a xornada.

Segundo informou o Concello do Porriño nun comunicado, García, que foi examinada polo persoal da ambulancia que se trasladou ao lugar do sinistro, asegura atoparse ben.

O incidente produciuse na autovía do Porriño, cando a rexedora se dirixía a Guillarei, onde tiña previsto participar nunha reunión do Consorcio de Augas do Louro que ela preside e que quedou suspendida.

O accidente foi resultado dunha colisión lateral con outro vehículo nunha manobra de adiantamento.

Como consecuencia do mesmo, o gabinete da Alcaldía cancelou toda a súa axenda oficial para este mércores.

Así as cousas, á reunión prevista co deputado Santos Héctor Rodríguez, responsable de Cooperación cos Concellos, acudirá en nome da primeira edil do Porriño David Alonso, concelleira de Deportes do Concello.