A costa galega iniciou a semana en alerta e aínda non conseguiu desprenderse dela, porque o aviso mantense para este martes en nivel amarelo e sobe de intensidade para o mércores. Entón será vermello en parte do litoral da comunidade e laranxa no resto, atendendo ás previsións de Meteogalicia.
Nas horas previas, as deste martes, a alerta é amarela, pola ondada —que poderá alcanzar os catro metros no inicio da xornada— e o vento. Este afectará ao litoral da Coruña e Lugo, e tamén se fará notar en terra, polo que o aviso amarelo esténdese á comarca da Mariña ante a previsión de que os refachos poden superar alí os 80 quilómetros por hora.
Hai aínda outra alerta amarela que afecta a Galicia, esta por choivas. Concéntrase no suroeste da provincia da Coruña, onde as precipitacións poden superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
O furacán Epsilon xa fixo a transición a borrasca e durante o día de hoxe sufrirá unha rápida profundización.
— MeteoGalicia (@MeteoGalicia) October 26, 2020
Non se achegará moito a #Galicia pero mañá deixará chuvia e vento🟡
Pero coidado co mar! As ondas asociadas á borrasca chegarán o mércores e poderán superar os 8 metros🔴 pic.twitter.com/DFec9qzakn
Todo isto nunha xornada na que chega un fronte fría e as precipitacións acabarán tocando toda a comunidade co paso das horas.
En canto ás temperaturas, Meteogalicia prevé un moderado ascenso, co que alcanzarán os 18 graos na Coruña e Pontevedra. A mínima máis fresca do mapa urbano espérase en Lugo, con 9 graos. A máxima na capital lucense roldará os 16.
Ferrol 12° 16°
Lugo 9° 16°
Ourense 11° 17°
Pontevedra 12° 18°
Santiago 11° 15°
Vigo 12° 16°
Xa o mércores, a alerta será laranxa nas primeiras horas e elevarase a vermella na costa da Coruña a partir do mediodía, por ondas de máis de 8 metros. No resto da costa galega manterase en nivel laranxa.