lunes. 06.04.2020 |
El tiempo
lunes. 06.04.2020
El tiempo

Alerta laranxa este xoves na Coruña, Pontevedra e A Mariña por vento e choiva

Oleaxe na praia de Arealonga. EFE
Oleaxe na praia de Arealonga. EFE

As actividades no exterior de centros educativos, así como as deportivas, quedarán suspendidas

Galicia estará afectada este xoves por unha alerta laranxa por fortes ventos (de máis de 100 quilómetros por hora) e choivas nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. 

Alerta laranxa

Segundo informa a Xunta nun comunicado, as actividades no exterior de centros educativos, así como as deportivas, quedarán suspendidas na Coruña, Pontevedra e A Mariña. 

Segundo informa Aemet, espéranse ventos sur que poden superar os 100 quilómetros por hora –e alcanzar forza oito– na Coruña, Pontevedra e A Mariña, mentres no resto da comunidade haberá alerta amarela por ventos de ata 95 quilómetros por hora. 

Ademais, haberá alerta laranxa por choivas intensas na provincia da Coruña, onde se esperan precipitacións acumuladas de ata 90 litros por metro cadrado en 12 horas. 

Segundo a información de Meteogalicia, a alerta laranxa durará ata a tarde deste xoves, mentres que a situación mellorará nas últimas horas do día. 

Alerta laranxa este xoves na Coruña, Pontevedra e A Mariña por...
Comentarios