Alerta por tormentas este venres nas catro provincias galegas

A costa líbrase do aviso amarelo, que empezará a partir das 15.00 horas

Vista de una tormenta en Ribadavia. SXENICK (EFE)
photo_camera Vista dunha tormenta. SXENICK (EFE)

As catro provincias galegas atoparanse este venres en alerta amarela por risco de tormentas xeneralizadas, localmente fortes, a partir das 15.00 horas. A costa cantábrica e o litoral atlántico libraranse deste aviso, segundo informa Meteogalicia. 

O vento do nordeste permitirá a entrada de aire cálido en superficie e o achegamento de aire frío en altura. Así, espérase unha xornada de inestabilidade e a formación de nubes de evolución que deixarán chuvascos xeneralizados con posibilidade de tormentas localmente intensas.

O aviso amarelo esténdese a toda as provincias de Ourense e Lugo e ao interior da Coruña. Así mesmo, tamén hai risco por tormentas e choivas noutras 14 provincias do terzo norte peninsular.

En canto ás temperaturas, as mínimas aumentarán lixeiramente en xeral, mentres que as máximas farano de modo moderado na metade norte de Galicia. Deste xeito, os mercurios subirán ata os 31 graos en Ourense, mentres que os valores mínimos descenderán ata os 12 en Lugo. 
 

venres

Comentarios