Martes. 21.05.2019 |
El tiempo
Martes. 21.05.2019
El tiempo

Alerta este xoves por neve na montaña e por ondas no litoral

Neve no Cebreiro, este mércores. ELISEO TRIGO
Neve no Cebreiro, este mércores. ELISEO TRIGO

Espéranse ondas de máis de cinco metros

Galicia vivirá un xoves de ceos cubertos, chuvascos tormentosos e granizadas. Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa a partir desde a madrugada que afectará a todo o litoral galego ao longo da xornada.


Este fenómeno meteorolóxico traerá consigo ondas de oeste a noroeste de cinco a seis metros, e arrincará a partir do mediodía nas provincias da Coruña e Pontevedra para estenderse a última hora da tarde ao litoral de Lugo. 

Emerxencias informou da situación ás diferentes entidades municipais e provinciais, ademais de servizos de Urxencias e de Protección Civil, entre outros, para que adopten as medidas de seguridade oportunas. 

Así mesmo, recoméndase evitar os diques e zonas de costa para previr eventuais golpes de mar, ademais de evitar as actividades pesqueiras e de marisqueo nas zonas máis perigosas. 

Neve na montaña
A montaña de Ourense e de Lugo permanecerá durante este xoves con aviso amarelo por acumulación de neve e o litoral galego por ondas de máis de cinco metros de altura.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, a montana de Ourense e Lugo terá aviso amarelo todo o xoves por acumulacións de neve superiores aos cinco centímetros por encima dos mil metros.

 

Alerta este xoves por neve na montaña e por ondas no litoral
Comentarios