Un alto cargo de Adif cae dun foro sobre seguridade tras protestar as vítimas de Angrois

Esther Mateo realizou unha peritaxe xudicial na que avalou a actuación do xestor de infraestruturas no descarrilamento do Alvia

La directora técnica de ADIF Esther Mateo, a su llegada este viernes al juzgado número tres de Compostela. XOÁN REY (EFE)
photo_camera A directora técnica de ADIF Esther Mateo. XOÁN REY (EFE)

A directora de seguridade de Adif, Esther Mateo, caeuse do programa dunha xornada organizada polo sindicato de maquinistas Semaf sobre cultura de seguridade despois de que as vítimas do accidente do tren Alvia en Angrois en 2013 protestasen pola súa presenza.O foro celébrase este mércores e xoves en Madrid e entre os relatores estaba Mateo, quen realizou unha peritaxe xudicial no que avalou a actuación do xestor de infraestruturas ferroviarias no descarrilamento que se cobrou 80 vidas na curva da Grandeira un 24 de xullo.

Finalmente o seu nome desapareceu do programa despois de que as vítimas do accidente criticasen a súa participación. O portavoz da plataforma que as integra, Jesús Domínguez, reprobou que o alto cargo de Adif "vaia dar leccións de cultura de seguridade" tras a peritaxe de xaneiro de 2018 na que afirma que se cumpriron as normas europeas e nacionais.

Comentarios