Unha anciá recupera 2.000 euros que perdera logo de atopalos unha moza en O Grove

Nada máis velos tirados nun sobre na rúa, a muller foi na rápida procura da propietaria
Zona aconteceu o suceso. TVG
photo_camera Zona na que aconteceu o suceso. TVG

As milagres de Nadal semellan existir, igual que a boa xente. Aconteceu en O Grove. Segundo informa a TVG, unha moza atopou tirado ás portas dunha farmacia un sobre no que había un feixe de cartos, ata 2.000€.

A muller foi na procura da propietaria do sobre, que supuxo que se atoparía no establecemento. Alí estaba unha anciá que non atopaba no seu bolso os cartos cos que pagar a súa compra. Ao vela, a moza procedeu coa entrega do diñeiro.

Deste xeito, todo quedou nunha anécdota de veloz solución.

Comentarios