viernes. 24.09.2021 |
El tiempo
viernes. 24.09.2021
El tiempo

Animalistas piden pechar as granxas de visóns polo risco de contaxio

Generated by  IJG JPEG Library
Galicia conta con 31 explotacións deste tipo

A organización animalista Fundación Franz Weber alertou este martes do "risco" de contaxio de coronavirus en granxas peleteras de visóns, despois de que as autoridades holandesas houbesen detectado casos de Covid nos animais deste tipo de instalacións, e pediu claururar as 31 granxas existentes en Galicia.

Segundo esta entidade, o pasado 26 de marzo detectáronse casos de Covid-19 en visóns explotados en granxas dos Países Baixos, e o Instituto Nacional de Saúde Pública e Medio Ambiente decretou medidas adicionais para protexer aos animais, prohibindo a agricultores, deportistas e cidadáns en xeral achegarse a menos de 400 metros das instalacións.

No caso de Galicia, Fundación Franz Weber recordou que hai 31 granxas nas que conviven "decenas de miles de individuos en condicións de amontoamento" e con condicións "hixiénico-sanitarias e de benestar practicamente nulas". Todo iso, incidiu a organización, crea "o caldo de cultivo perfecto para que un contaxio humano-animal poida estenderse rapidamente".

Por iso, a Fundación volveu a reclamar o peche das granxas e a transformación do sector peletero cara a actividades con maior retorno económico e menor custo ambiental.

Animalistas piden pechar as granxas de visóns polo risco de contaxio
comentarios