Anova reforza a súa aposta pola "unidade popular" tras a súa asemblea

Antón Sánchez é reelixido portavoz nacional ► Martiño Noriega volve á primeira liña converténdose no número tres da organización
Antón Sánchez, a su llegada a la IV Asemblea Nacional de Anova. XOÁN REY
photo_camera Antón Sánchez, á súa chegada á IV Asemblea Nacional de Anova. XOÁN REY

A IV Asemblea de Anova serviu como preludio para a conformación dunha candidatura de unidade para as eleccións galegas tras unha convención á que asistiron representantes de Podemos, Esquerda Unida e as mareas municipais.

A Asemblea de Anova, na que Antón Sánchez foi reelixido como portavoz nacional e na que o exalcalde de Santiago, Martiño Noriega, volveu á primeira liña da política autonómica converténdose no número tres da organización, evidenciou un intento por volver configurar unha candidatura única de cara aos comicios autonómicos do ano próximo.

"O camiño pasa pola unidade popular", dixo o líder de Anova no acto de clausura en presenza do secretario xeral adxunto de Podemos Galicia, Borja Sanramón e o secretario de organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez.

Anova "inicia un novo camiño no que procurará sumar a moitos" apostando pola unidade popular

O portavoz nacional de Anova fixo un chamamento para recuperar o espírito co que se fundou a organización nacionalista e volver impulsar a ilusión da cidadanía rebelde que emerxeu co "zapatazo de AGE" nas eleccións de 2012, "empoderouse" coa primavera municipalista de 2015 e apostou "pola primeira En Marea" en 2016.

Unha cidadanía que tras tempos convulsos na esquerda galega "hoxe séntese orfa" e por iso, Anova ve necesario "abrir de pao a pao as súas portas" disposta a construír un "espazo común", a propósito de que é "necesario sumar para conseguir antes ou despois" desaloxar á dereita das institucións galegas.

Coa mirada posta nos comicios de 2020, Anova "inicia un novo camiño no que procurará sumar a moitos" apostando pola unidade popular nunha forma tamén de ser "coherentes coa nosa historia" xa que a formación decidiu proseguir na senda da unidade popular que impulsou desde o seu nacemento en 2012.

Sánchez considera "imprescindible" articular un proxecto que poida ser alternativa ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo

"Chegamos á conclusión que os principios cos que naceu Anova seguen estando vixentes" e que "o proxecto polo que Anova aposta segue sendo tan necesario como en 2012 aínda que aprendendo dos erros", incidiu.

Antón Sánchez asegurou que tras a asemblea deste sábado a organización sae "reforzada" a pesar de que "non partiamos todos coas mesmas opinións porque viñamos dun camiño difícil" xa que unha parte da militancia consideraban que Podemos e Esquerda Unida menosprezaran á organización mentres que outros pedían apostar de forma máis decidida polas alianzas con forzas estatais.

En todo caso, Sánchez reiterou que "por Anova, por nós non vai quedar" alcanzar unha candidatura de consenso xa que sempre estará a favor de renunciar "a posicións de parte en favor do beneficio social.

Para o portavoz da formación é imprescindible articular un proxecto que poida ser alternativa ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo polo que pediu o respaldo de toda a organización para "defender a república como cultura política que pensa para os máis e para os de abaixo".

Así as cousas e a pesar dos continuos chamamentos á unidade cos que concluíu a Asemblea, a configuración das listas e a elección de candidatos pode volver enturbar as negociacións entre os socios. Ademais, a intervención do fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras —realizada a porta pechada—, volveu ser o momento máis tenso da xornada ao reprochar o trato que recibiu polos seus socios e lamentou que durante os pasados anos o sector da esquerda galego estivo "orfo" de representación.

Comentarios