Aparece o corpo dun home flotando nun regacho en Carballeda de Avia

Efectivos da Garda Civil, Protección Civil, así como o forense, desprazáronse ata o lugar a fin de esclarecer as causas da morte

O cadáver dun home apareceu flotando nun regacho próximo a unha pista forestal na parroquia de Vilar de Condes, no municipio ourensán de Carballeda de Avia. 

Efectivos da Garda Civil, Protección Civil, así como o forense, desprazáronse ata o lugar a fin de esclarecer as causas da morte.

Polo momento, os investigadores descoñecen a identidade do falecido, aínda que cren que podería tratarse dun home de 61 anos, veciño da parroquia de Vilar de Condes. 

Fontes próximas á investigación indicaron a Efe que esta persoa non constaba como desaparecida e non descartan que estivese a se bañar no arroio, á espera do que determine a autopsia.