Aparece flotando un corpo sen vida no Xufre, na Illa de Arousa

Imagen por satélite del porto de O Xufre, en A Illa GM
photo_camera Imaxe por satélite do porto do Xufre, na Illa. GM

Os servizos de urxencias recuperaron o corpo sen vida dun home que apareceu na tarde deste sábado no peirao do Xufre, na Illa de Arousa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o cadáver foi localizado pasadas as oito da tarde cando flotaba na auga á beira dunha embarcación. A pesar de que o persoal do Centro Integardo de Atención ás Urxencias de Galicia pediu a colaboración dos efectivos de Salvamento Marítimo, apenas necesitaron estes recursos, pois os axentes da Policía Local puideron acceder desde terra ao cadáver e sacalo da auga.

Do mesmo xeito, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios, pero xa nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa banda, os axentes locais, xunto cos membros da Garda Civil desprazados ao lugar do suceso, tratan de aclarar as causas da morte.