Aparece flotando no río Ulla o cadáver dunha muller

Foi localizada á altura de Padrón
El río Ulla, a la altura de Padrón. GOOGLE MAPS
photo_camera O río Ulla, á altura de Padrón. GOOGLE MAPS

O cadáver dunha muller apareceu flotando este luns no río Ulla, á altura de Padrón. Segundo informa o 112, foron mobilizados efectivos sanitarios, o Ges e Protección Civil de Padrón, a Policía Local e a Garda Civil.

Abriuse unha investigación para tratar de identificar á falecida e esclarecer as causas da súa morte.