Aparecen pintadas na sede dun centro galego de Barcelona: "Fascistas de merda"

A Agrupación Cultural Saudade xa foi obxecto doutros ataques por parte de independentistas radicais
Pintadas en la Agrupación Cultural Saudade. TWITTER (@VíctorMondelo)
photo_camera Pintadas en la Agrupación Cultural Saudade. TWITTER (@VíctorMondelo)

A fachada da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona foi diana dun novo acto vandálico, o cuarto nas últimas semanas, por parte de independentistas radicais. O edificio, que acolle o histórico centro cultural e un restaurante, amenceu o 1 de xaneiro con varias pintadas con mensaxes ameazantes en catalán como "Fuck nazis", "fascistas de merda", "fillos de puta" ou "cuarto aviso". Tamén apareceron debuxados varios penes.

A portavoz de Ciutadans no Parlament, Lorena Roldán, denunciou este xoves o ataque e anunciou que pedirá aos grupos parlamentarios cataláns que o condenen. O centro galego Saudade acolleu nos últimos meses varios actos de Cs, entre eles un encabezado por Albert Rivera. Na agrupación tamén houbo actos do PP.

 

Comentarios