A Coruña e Lugo permanecen en alerta amarela por tormentas

As temperaturas baixarán lixeiramente e os chuvascos serán localmente fortes

A Coruña. TWITTER
photo_camera A Coruña. TWITTER

As treboadas volverán repetirse este domingo pola tarde na comunidade que mantén a alerta amarela por aparello eléctrico na provincia de Lugo e o norte da Coruña.

Segundo informa Meteogalicia espéranse poucos cambios, xa que permanecerá o aire frío que seguirá deixando unha situación atmosférica moi inestable.

Así, os ceos estarán parcialmente anubrados con choivas que xa comezaron a primeiras horas na franxa atlántica e que co avance do día chegarán a toda Galicia. 

Durante a tarde os chuvascos serán localmente fortes e acompañados de treboadas e as temperaturas baixarán lixeiramente.

Estas son as temperaturas que se esperan nas principais cidades galegas: Lugo 13° de mínima e 24° de máxima; A Coruña 15º e 24°; Ferrol 15° e 25°; Ourense 13° e 25°; Pontevedra 15° e 23°; Santiago de Compostela 13° e 21°; Vigo 15° e 23º.

VERÁN. O bo tempo regresará o xoves, día no que daremos a benvida ao verán, 

Co avance da semana a probabilidade de choiva irá descendendo e as temperaturas irán ascendendo aos poucos para situarse nos graos esperamos para esta época do ano.

Comentarios