A área de Ferrol, libre de coronavirus

Os casos activos en Galicia baixan a 207
O Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol acolle unha exposición de debuxos realizados por nenos. EFE
photo_camera O Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol acolle unha exposición de debuxos realizados por nenos. EFE

Os casos activos por coronavirus en Galicia descenderon este domingo en 11 en relación á pasada xornada ao pasar de 218 a 207. Baixan en todas as áreas, incluida a de Lugo, aínda que nesta, onde se rexistrou un brote significativo na Mariña, acumula aínda 139 deses casos. A de Ferrol, que tiña un, non rexistra xa ningún hoxe. 

En concreto, segundo a última actualización de Sanidade, dos 207 casos positivos, 139 corresponden á área de Lugo -nove menos que o sábado-; 30 á da Coruña e Cee -un menos, pese ao brote de Betanzos-; sete á de Santiago e Barbanza -igual que o sábado-; 17 a de Vigo -tamén sen cambios-; cinco á de Ourense -os mesmos-; nove á de Pontevedra -igual- e ningún a de Ferrol -un menos que fai 24 horas-. 

Do total de positivos, soben en dous os hospitalizados en unidades convencionais, que pasan de seis a oito, e sae da Uci o paciente que permanecía nesta unidade en Vigo, de modo que en Galicia non hai neste momento persoas en coidados intensivos a causa da Covid-19. Dos oito hospitalizados, catro están na Mariña e os 199 positivos restantes en Galicia atópanse en seguemento domiciliario. 

Dentro do total de casos rexistrados en Galicia hai un vinculado con residencias de maiores, segundo concreta Sanidade, que corresponde a unha traballadora dun centro de Burela, mentres os xeriátricos seguen sen usuarios infectados. 

Comentarios