Arquivado o caso de Socorro Pérez ao non haber sospeitosos da súa morte

O corpo sen vida da ourensá, de 43 anos, foi achado o 6 de xuño de 2015, un mes logo da súa desaparición

Familares de Socorro Pérez durante la ofrenda floral que han realizado el pasado mes de mayo en el lugar en el que apareció el cuerpo. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Familares de Socorro Pérez durante a ofrenda floral que realizaron o pasado mes de maio no lugar no que apareceu o corpo. BRAIS LORENZO (EFE)

O titular do Xulgado de Instrución numero dúas de Ourense arquivou o caso de Socorro Pérez. Segundo informa TVG, non hai ningún sospeitoso da morte da muller, de 43 anos.

O corpo sen vida da ourensá foi achado o 6 de xuño de 2015, un mes despois da súa desaparición. A muller saíra facer deporte e recibiu un forte impacto na cabeza. 

A familia de Socorro Pérez, que lamenta a falta de resultados na investigación policial, sostén que a súa morte foi violenta. Descartan así que se suicidase ou que desaparecese voluntariamente polo "seu xeito ser, cunha vida ordenada e rutineira, que non tiña problemas nin laborais, nin familiares, nin económicos".

Comentarios