Arquivado o crime de Vilanova dos Infantes

Os feitos remóntanse a marzo de 2015, cando foi achado sen vida o corpo do párroco Adolfo Enríquez e desapareceu a centenaria Virxe de Cristal

Una réplica de la Virxe de Cristal. AEP
photo_camera Unha réplica da Virxe de Cristal. AEP

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense confirmou o arquivo provisional do caso polo crime do párroco de Vilanova dos Infantes, Adolfo Enríquez, ocorrido en marzo en 2015, nun auto onde non figuran procesados, tras non atopar probas suficientes contra o autor ou presuntos autores da súa morte. 

Segundo sinalan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o tribunal confirmou o "sobresemento provisional da causa" ao entender que se practicaron todas as dilixencias pertinentes para o esclarecemento dos feitos" e que "non existen indicios suficientes para poder dirixir a acusación contra sospeitoso algunha". 

O pasado mes de xaneiro, a xuíza de Celanova ditara un auto de procesamiento sen sinalar culpables, ao non achar probas suficientes contra os únicos detidos por este caso, Elvir e Arsen F., que figuraban na lista de sospeitosos. 

Os dous detidos, familiares croatas de 37 e 30 anos, quedaron en liberdade en xaneiro de 2016 tras prestar declaración en sede xudicial aínda que a Garda Civil non dá por pechada a investigación e continúa buscando algún tipo de indicio que permita reabrir o caso.

Os feitos tiveron lugar en marzo de 2015, cando investigadores acharon o corpo do párroco ourensán nas instalacións da casa reitoral, con signos de violencia. 

Este caso xerou gran conmoción na localidade e toda a comarca tras transcender a desaparición da Virxe do Cristal, unha talla diminuta do século XVII, venerada na zona, a cal ten valor relixioso aínda que non económico. 

Por mor destes feitos, o Instituto Armado abriu unha investigación que se saldou coa detención de dous croatas quen presuntamente acudiran a ver ao párroco para pedirlle diñeiro aínda que quedaron en liberdade.

Comentarios