Ascenden a 372 os falecidos en Galicia, nunha xornada de redución de vítimas

As nove mortes coñecidas este luns supoñen unha baixada respecto das 16 do domingo e as 21 do sábado e venres 
Una mujer con mascarilla en el interior de un autobús. BRAIS LORENZO
photo_camera Unha muller con máscara no interior dun autobús. BRAIS LORENZO

A morte doutras tres persoas en hospitais nas últimas horas elevan a 372 o total de falecidos en Galicia, após unha xornada de luns na que transcenderon nove vítimas mortais, segundo datos da Consellería de Sanidade: seis en hospitais e tres en residencias.

As últimas tres persoas falecidas son: un home de 70 anos (ingresados no Chuo), un home de 95 anos e unha muller de 75 anos, ambos os ingresados no Chuac. Os tres tiñan patoloxías previas. 

A estas tres mortes nas últimas horas súmanse outras tres en hospitais. Todas elas eran mulleres con patoloxías previas. Tiñan 87 anos (ingresada en Ourense), 75 anos (ingresada no Chuac) e 88 anos (ingresada en Ferrol). 

Ademais, a Consellería notificou outro tres falecementos de persoas que permanecían en centros xeriátricos diagnosticadas de coronavirus. En concreto, ao longo do domingo —estas cifras comunícanse o día seguinte— morreron unha persona na residencia Portazgo da Coruña, outra na DomusVi de Cangas e unha terceira na DomusVi Barreiro, en Vigo

Deste xeito, a evolución das cifras da pandemia na comunidade experimentaron un importante descenso con respecto ás últimas xornadas. E é que tanto o venres como o sábado rexistrábanse 21 mortes con covid-19, mentres o domingo foron 16. 

Así, o cómputo global de mortes coñecidas até o momento, contando vítimas en hospitais e en xeriátricos, acada as 372. Máis concretamente, en hospitais producíronse 290 falecementos, mentres que en residencias foron 82. 
Das mortes en hospitais, a área sanitaria da Coruña segue sendo a que rexistrou o maior número, con 85 persoas. Séguelle a área sanitaria de Vigo, con 59 falecidos; a área de Ourense, con 56 mortes notificadas; a área de Santiago, con 39 falecementos; a área de Ferrol, con 19; a área de Lugo, con 20 falecidos; e a área de Pontevedra, con 12 mortes.

CÓMPUTO EN RESIDENCIAS. Con respecto aos centros da terceira idade, as autoridades sanitarias confirmaron 82 falecementos dentro das propias instalacións. 

Desde que se iniciou a alerta pola pandemia, morreron 18 maiores dentro do centro DomusVi de San Lázaro, 16 no DomusVi de Cangas, un na nosa Señora de Fátima (Barco de Valdeorras), outros 16 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 10 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, e dous na residencia Moledo (Vigo). 

Tamén se produciron 7 decesos no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, un máis en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), dous na DomusVi Matogrande (A Coruña), un na Caser A Zapateira (Culleredo), un en San Carlos de Celanova, dous na residencia Divino Maestro (Ourense), un na residencia San Pedro de Crecente, un nas Fragas de Pontedeume, un na residencia de Bande. 

Comentarios