miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

A Agetan impulsa o programa 'Galicia Destino Seguro. Turismo Activo' 

Aspecto de una playa gallega este verano. DP
Aspecto dunha praia galega este verán. DP
O seu fin é prestar asesoramento e certificar ás empresas de turismo activo de Galicia con garantías de seguridade fronte ao covid

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, de Aventura e Natureza (Agetan) impulsa o programa Galicia Destino Seguro. Turismo Activo, que puxo en marcha ao amparo do convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e esta entidade para a implementación da medida 24 do Plan de reactivación dos sectores culturais e turístico fronte aos efectos derivados da covid-19. 

O obxectivo do programa é prestar asesoramento e certificar ás empresas de turismo activo de Galicia que desenvolvan os seus servizos con garantía de seguridade e hixiene, minimizando o risco fronte ao SARS-CoV-2. 

Para iso, Agetan definiu unha serie de manuais de turismo activo e ecoturismo por especialidade, nos que se establecen os protocolos necesarios para garantir a seguridade en cada tipo de actividade de turismo activo ofertada en Galicia, ademais dun servizo de asesoramento para a implantación, que se presta ás empresas adheridas ao proceso de forma totalmente gratuíta. 

Pode participar neste proceso de asesoramento e certificación calquera empresa de turismo activo legalmente constituída e con sede ou domicilio fiscal en Galicia. 

As empresas interesadas en participar deben cubrir o formulario de solicitude dispoñible na web (https://turismoactivo.gal/protocolo-covid) e achegar a través dela a documentación justificativa requirida para poder optar á certificación. O prazo está aberto ata o próximo 13 de novembro. 

A Agetan impulsa o programa 'Galicia Destino Seguro. Turismo Activo' 
comentarios