Atendida unha muller por inhalación de fume tras un incendio nunha cociña na Coruña

Unha muller resultou afectada este xoves polo fume que xerou un incendio declarado na cociña dunha vivenda da Coruña. O suceso ocorreu sobre as 13.20 horas na rúa José Careaga. 

Un particular contactou coa central do 112 Galicia para alertar do incendio, o que levou a mobilizar os Bombeiros da Coruña e a Policía Local. Tamén acudiron ao lugar os servizos sanitarios para atender a muller, que tivo que ser trasladada.