viernes. 18.10.2019 |
El tiempo
viernes. 18.10.2019
El tiempo

Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto nun piso da Coruña

La Rúa Almirante Mourelle. TVG
La Rúa Almirante Mourelle. TVG
Os familiares avisaron á Policía ao non poder contactar con el

O corpo sen vida dun home duns setenta anos foi achado a medianoite do xoves ao venres nun piso da rúa Almirante Mourelle da Coruña.

Os bombeiros acudiron ao domicilio a instancias da Policía Nacional, que fora avisada por achegados e familiares do falecido. Levaban días sen saber del.

Tras entrar pola fiestra, os bombeiro acharon o corpo no baño da vivenda, ao parecer, por causas naturais. Vivía só e podería levar varios días morto.

Atopan o cadáver dun home que levaba varios días morto nun piso da...