Atracan unha sucursal bancaria en Santiago

Un home levou pouco máis de 100 euros a punta de navalla

Un home atracou este martes ás 14.00 a sucursal de Abanca en Santiago de Compostela ameazando os traballadores cunha arma branca.

O asaltante conseguiu fuxir cun botín de apenas 100 euros.

A Policía Nacional e a Policía Local organizaron un dispositivo de procura para dar co suxeito.