Atropela un traballador dunha gasolineira na Laracha e dáse á fuga

O empregado resultou ferido e foi evacuado ao CHUAC
Gasolineira Avia, na Laracha. GOOGLE MAPS
photo_camera Gasolineira Avia, na Laracha. GOOGLE MAPS

Un traballador dunha gasolineira Avia da Laracha, situada na estrada que une este municipio e Carballo, resultou ferido este martes ao ser atropelado por un vehículo que se deu á fuga sen pagar. 

Segundo informou a Europa Press o encargado do establecemento, os feitos producíronse sobre as 19.00 horas deste martes cando o vehículo, un Volkswagen Golf, fuxiu do lugar arroiando o traballador. 

Debido ao impacto, o home foi evacuado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) para recibir atención médica. 

Pola súa banda, fontes policiais informaron a Europa Press de que as primeiras hipóteses apuntan a que se trata dun vehículo que previamente fora subtraído. 

Ao lugar acudiu a Policía Local do municipio e a Garda Civil, que investiga o ocorrido. 

Comentarios