Aurea Soto recorrerá o auto que decreta o sobresemento do 10%

A exedil irá "ata onde sexa necesario" porque pensa que é un caso de malversación e non de prevaricación, polo que non estaría preescrito
Áurea Soto, en la primera sesión del juicio en el juzgado de lo penal número dos de Ourense
photo_camera Áurea Soto, en la primera sesión del juicio en el juzgado de lo penal número dos de Ourense

A exconcelleira de Urbanismo de Ourense Aurea Soto recorrerá o auto do xuíz de instrución, Leonardo Álvarez, no que acorda o sobresemento da causa relacionada coa exención do 10% municipal ás empresas construtoras da localidade durante o mandato que ostentou o PP, con Manuel Cabezas.

En declaracións a Efe, a exedil socialista asegurou que irán "ata onde sexa necesario" tras asegurar que non comparte o contido do fallo, feito público esta mesma semana.

Dáse a circunstancia de que o fallo ten a mesma data na que prestou declaración o propio exrexedor popular Manuel Cabezas.

O titular do xulgado de instrución número dous de Ourense acordara nun auto con data do venres o sobresemento libre (ou definitivo) da causa relacionada coa exención aos construtores de pagar o 10% dos aproveitamentos urbanísticos en chan urbano non consolidado entre 1997 e 2003. No auto, o xuíz decano de Ourense considera que procede "declarar extinguida a responsabilidade penal" relativa aos aproveitamentos na que poidan incorrer os responsables "ao prescribir os feitos".

A pesar de que a denuncia se expuxo por malversación, entende que nos atopariamos ante un delito de prevaricación" e que, xa que logo, prescribiría xa que, di, os feitos cometéronse entre 1999 e 2002, mentres que a denuncia expúxose en 2014. O sobresemento dá "carpetazo" a este caso, aínda que a exedil Aurea Soto xa avanzou que presentará recurso.

A outrora responsable de Urbanismo sostén que as cesións constituirían un presunto delito "de malversación" ao formar parte do patrimonio público, e non de prevaricación como esgrime o maxistrado, o que suporía que o delito non prescribiría. Mentres os casos de prevaricación prescriben aos 10 anos, no caso de malversación non o fan ata os quince.

A denuncia realizouna Soto, quen acusou ao antigo rexedor, Manuel Cabezas, e ao seu equipo de goberno, dun posible delito de malversación de fondos públicos. A exsocialista estuda xa a presentación de recurso á espera de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) resolva a querela presentada pola propio Soto contra este mesmo xuíz, nesta ocasión, polo caso da praza de San Antonio. Nesa causa, tanto Soto como o avogado Carlos Hernández foron absoltos aínda que presentaron unha querela contra o xuíz ao entender que podería incorrer nun suposto delito de prevaricación.

Comentarios