Os autobuses nocturnos de Vigo farán paradas personalizadas para mulleres

Poderán apearse o máis preto posible dos seus domicilios ou do lugar ao que se dirixan

Autobús urbano de Vigo. ADP
photo_camera Autobús urbano de Vigo. ADP

Os autobuses nocturnos de Vigo realizarán a partir da próxima semana paradas personalizadas para as mulleres que o soliciten previamente ao condutor, de modo que poidan apearse o máis preto posible dos seus domicilios ou do lugar ao que se dirixan. Esta medida, que xa foi implantada noutras cidades españolas como Bilbao ou Terrassa, pretende aumentar a seguridade das mulleres que se despracen en autobús urbano en horario nocturno, aínda que non será do todo exclusiva para elas, pois haberá excepcións para outros casos que requiran da mesma.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, detallou en rolda de prensa que este servizo de paradas personalizadas, dentro do traxecto habitual dos autobuses, estará operativo a partir das 22.30 horas en todas as liñas, así como nas nocturnas N-1, N-2 e N-3.

As mulleres que soliciten apearse fóra dunha parada regulamentaria deberán permanecer na parte dianteira do autobús e baixaranse pola porta máis próxima ao condutor, concretou Caballero.

Comentarios