Avistada unha gran bóla de lume no ceo desde varios puntos de Galicia

"Impresionaba", di un lucense que o contemplou
Una luz verde captada en el cielo argentino en 2015. EFE
photo_camera Unha luz verde captada no ceo arxentino en 2015. EFE

Unha gran bóla de lume, branca para uns, verde para outros, e que finalmente acabou dividíndose en dous, foi vista desde numerosos puntos de España ao redor das 23.00 horas deste martes.

Foron decenas de persoas as que deixaron constancia nas redes sociais do seu asombro ante este fenómeno. En Galicia tamén se puido ver.  "Impresionaba", di un lucense que o contemplou. 

A cor depende do ángulo de visión e do tamaño das partículas en suspensión, polo que tamén depende da contaminación do aire. "Meteorito", "bóla de lume" ou "estrela fugaz" foi como o definiron moitos usuarios das redes sociais. 

Nin a Esa nin a Nasa tiñan prevista a entrada de ningún meteoro na atmosfera este martes.

Comentarios