lunes. 23.11.2020 |
El tiempo
lunes. 23.11.2020
El tiempo

Baixan a 236 os hospitalizados con covid en Galicia, pero soben a 35 na Uci

O Chuac da Coruña. EFE
O Chuac da Coruña. EFE

Os pacientes con covid-19 hospitalizados en Galicia baixaron en seis nas últimas 24 horas, até os 236 en total. Con todo, as persoas diagnosticadas con coronavirus nas unidades de coidados intensivos (UCI) subiron en tres e este sábado se sitúan en 35.

Segundo os datos facilitados polas áreas sanitarias galegas, na da Coruña e Cee hai este sábado 61 pacientes ingresados –os mesmos que fai unha xornada–. Deles, o Chuac acumula 49 en planta e seis en UCI; o Modelo, dous en planta e un en UCI; e o Hospital de Cee, tres en planta.

Na área de Vigo, soben nun, a 16, as persoas con covid hospitalizadas –un en Fátima, outro en Povisa e 14 no Álvaro Cunqueiro–, mentres que continúan tres na UCI deste último hospital.

A área de Santiago e Barbanza conta con 34 hospitalizados –un máis–, dos cales 32 están no Hospital Clínico –seis en unidade de críticos– e outros dous no HM Rosaleda, ambos na capital galega.

En Lugo, hai 45 ingresados por coronavirus –baixan en catro–, dos que sete están na UCI do Hospital Lucus Augusti (Hula). Dos 38 que se atopan en planta, 29 están no HULA e nove no Polusa, mentres que os hospitais da Mariña e Monforte de Lemos non contan con pacientes con covid.

Así mesmo, na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés baixaron nun os hospitalizados, até 19. Destes, hai seis na UCI do Hospital Mointecelo e 13 en planta –nove no Chop, dous no Miguel Domínguez e outros dous no do Salnés–.

Na área de Ourense, hai 53 ingresados, tres menos que este venres: 43 no complexo hospitalario da capital provincial –cinco deles en UCI–, sete no comarcal de Verín e tres no do Barco de Valdeorras.

Finalmente, a área de Ferrol conta con oito pacientes con covid-19 hospitalizados, pero este sábado notifica un en UCI fronte aos dous deste venres. 

Baixan a 236 os hospitalizados con covid en Galicia, pero soben a...
comentarios