Baixan os casos activos de covid e os hospitalizados en Galicia malia repuntar os contaxios

O Sergas notifica este sábado 663 infeccións activas menos e nove hospitalizados menos, pero rexistra 356 contaxios máis que na xornada anterior 
Test rápidos de detección de anticuerpos covid-19. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)
photo_camera Test rápidos de detección de anticorpos covid-19. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)

Os novos contaxios de covid-19 presentan este sábado unha pequena repunta en Galicia, tras a tendencia descendente dos últimos dous días. E é que se suman 6.695 novos casos, 356 máis que a xornada anterior, aínda por enriba do limiar dos 6.000.

Os casos activos, pola súa banda, rompen a tendencia ascendente e sitúanse en 78.029, que son 663 menos, á vez que diminúen tamén os hospitalizados, 551, nove menos nas últimas 24 horas.

Atendendo aos datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade —rexistrados ata as seis da tarde do venres—, baixan a 49 as persoas ingresadas con covid na Uci en Galicia, así como as hospitalizadas noutras unidades, 502. 

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en seis das sete da comunidade. Só Vigo presenta máis hospitalizados que na xornada anterior, con 69 pacientes en unidades convencionais e oito en críticos. 

Datos Galicia sábado

No que respecta aos casos activos, descenden en todas as áreas menos na da Coruña, que suma 10 máis. Entre as que notifican descensos, o máis acusado preséntao a de Ourense (-270), seguida por Santiago (-245), Ferrol (-88), Vigo (-39), Lugo (-29) e Pontevedra (-2). 

Xa que logo, con máis casos activos continúa a área sanitaria de Vigo, con 20.860; seguida das da Coruña (16.197), Santiago (11.850), Pontevedra (9.258), Lugo (8.020), Ourense (7.972) e Ferrol (3.872). 

Atendendo aos últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este venres, a incidencia acumulada a 14 días descende de novo lixeiramente en Galicia a 3.259 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.418 de media en España, que se incrementa.

Desde o inicio da pandemia faleceron 2.873 persoas con covid na comunidade. Outras 290.676 superaron o virus, 7.353 máis que as rexistradas ata o venres.

Comentarios