Dous mariñeiros foron rescatados ilesos pola tripulación doutra embarcación despois de que o seu barco pesqueiro, o Chefa Dous, embarrancase ao sur das Cíes.
Ao fío das 9.00 horas, o servizo de Gardacostas de Galicia informou ao 112, que mobilizou o helicóptero Pesca 1, á vez que unha embarcación de Salvamento Marítimo se dirixía ata a zona.
Ao final non foi precisa a intervención dos medios de Salvamento desprazados ao momento ao ser rescatados os dous mariñeiros por outro pesqueiro, o Uxía Nove, con base en Cangas, que os trasladou ata o porto morracense.
O pesqueiro Chefa Dous embarrancou no illote Agoeiro. Os seus 2 tripulantes caeron ao mar e foron rescatados polo Uxía Nove. O Chefa Dous está a ser remolcado a Cangas por outro pesqueiro. \
— SALVAMENTO MARÍTIMO (salvamentogob) 2 de xullo de 2018<>salvamentogob a Pesca I e a S/Mirach, pero non foi necesaria a súa intervención
Aínda que estaban en bo estado, unha ambulancia do 061 desprazouse ata alí para realizarlles un recoñecemento.
Ademais do persoal sanitario, axentes da Policía Nacional e efectivos de Protección Civil de Vigo e de Cangas tamén foron informados da situación por parte do 112.