O BNG denuncia a presenza de menores en cacerías no programa 'Jara y Sedal'

Néstor Rego destacou que a noticia "evidencia como a falta de medidas de protección da infancia e a adolescencia está presente nun campo dominado polas armas de fogo"
Néstor Rego. EFE
photo_camera Néstor Rego. EFE

O BNG denunciou no Congreso a presenza de persoas menores de idade en actividades de caza, co consecuente "risco de sufrir danos", no programa Jara y Sedal.

A interpelación prodúcese despois de saber que a revista Jara y Sedal publicou o pasado mes de xullo, na súa edición dixital, unha nota sobre unha xornada de caza realizada, supostamente, na provincia de Ourense o día 20 dese mesmo mes, baixo o título: "O seu neto obrígalle 'a ir de caza e termina abatendo este estraño corzo".

Os nacionalistas alertan de que na reportaxe aparece un menor de 9 anos que acompaña a un familiar nunha cacería de corzos, no que se ve pousando xunto a un adulto sen máscara, a pesar de que xa era obrigatoria no conxunto do territorio galego.

O deputado Néstor Rego destacou que a noticia "evidencia como a falta de medidas de protección da infancia e a adolescencia está presente nun campo dominado polas armas de fogo, onde cada ano prodúcense accidentes e suceden mortes, ben por descoido dos propios cazadores e cazadoras, ben de maneira fortuíta".

Por iso, lembrou, "a caza non é unha actividade sen riscos", motivo polo cal "a presenza de nenas e nenos nas batidas, como o caso da Galicia, comprende unha serie de perigos".

Finalmente, Rego solicitou ao Goberno saber cal é o motivo polo que a CRTVE mantén o programa Jara y Sedal, que audiencia tivo na Galicia este lustro pasado e a canto ascende o custo público do mesmo nese período.

Comentarios