O BNG non concorrerá ás europeas con En Marea porque "non pon no centro a Galicia"

Pontón avoga por concorrer ás eleccións á Eurocámara nunha coalición con forzas soberanistas de Cataluña e o País Vasco

Campos e Pontón presentaron a imaxe da campaña, unha acuarela de Leandro Lamas. XOÁN REY (EFE)
photo_camera A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada polo responsable de comunicación, Xabier Campos. XOÁN REY

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu este mércores a consulta á militancia para concorrer ás eleccións ao Parlamento europeo de maio de 2019 nunha coalición con forzas soberanistas de Cataluña e o País Vasco, descartando así un posible acordo con En Marea, que xa definiu a súa folla de ruta, porque "non pon no centro a Galicia", dixo.

Cuestionada a este respecto nun almorzo informativo, a líder do Bloque recordou que En Marea celebrou o pasado mes un plenario no que fixou a súa folla de ruta para os comicios europeos, optando por continuar co acordo con Unidos Podemos, unha opción "que non ten nada que ver cun acordo que poña a Galicia no centro nin nada que se lle pareza", en palabras de Pontón.

A proposta do BNG busca dotar de representación en Europa ás "tres nacións sen estado" ante a "necesidade de recoñecemento" das mesmas como nacións no ámbito europeo. A alianza que buscan os nacionalistas neses "termos" e "non hai outras opcións", advertiu.

"A nosa proposta vai nesa dirección, outras forzas xa teñen tomadas decisións a ese respecto", resolveu Pontón. 

Comentarios