Un bombeiro resulta afectado mentres extinguía un incendio en Oleiros

O traballador foi trasladado consciente e estable ata o CHUAC

Ambulancia. EP
photo_camera Ambulancia. EP

Un bombeiro resultou afectado cando traballaba na extinción dun incendio que mobilizou aos efectivos dos parques de Arteixo, Coruña e Betanzos.

O afectado xa foi trasladado consciente e estable, mentres os equipos continúan no lugar debido ao intenso fume acumulado nas instalacións.

Ás 18.30 horas desta tarde, varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta dun incendio no soto dunha nave dedicada á venda de mobles, situada na Avenida das Mariñas, en Oleiros. A proximidade do aparcadoiro e o intenso fume acumulado motivou a mobilización de varias dotacións de bombeiros procedentes dos parques de Arteixo, Coruña e Betanzos, que agora permanecen no lugar ata a completa extinción do incendio e a ventilación do espazo, aínda cheo de fume.

Posiblemente, a intensidade da calor no interior do soto afectou a un dos membros do operativo, polo que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña ( CHUAC) para ser sometido a un recoñecemento médico.

Fai falta sinalar que os efectivos do servizo local de Protección Civil colaboran neste operativo, do mesmo xeito que os axentes das Policías Local e Autonómica.

Comentarios