A borrasca Bella chega o domingo: alerta vermella no litoral; choiva e neve o interior

O peor agárdase para a noite do domingo ao luns, segundo Meteogalicia
Cielo encapotado en las primeras horas de la borrasca Félix. CABALAR
photo_camera Ceo encapotado. CABALAR

Unha potente borrasca bautizada como Bella entrará este domingo polo oeste de Galicia, o que obrigará a activar unha alerta vermella por forte ondada no mar nas costas de Lugo e A Coruña, mentres que na de Pontevedra será de nivel laranxa. O peor se espera para a noite do domingo ao luns, segundo indican as previsións de Meteogalicia.

E non só haberá temporal no mar, senón que en terra tamén espérase forte vento de compoñente oeste-suroeste, o que activará un aviso de nivel amarelo na comarca da Mariña e nas zonas altas da provincia lucense, así como na montaña de Ourense, as comarcas coruñesas de Eume e Ortegal, o golfo Ártabro e a Costa da Morte.

A choiva tamén fará acto de presenza durante toda a xornada dominical polo paso de Bella. Xa o luns, tras o paso da fronte, chegará a masa de aire frío que ocupa o seu lugar e que provocará precipitacións en forma de neve en boa parte das provincias de Lugo e Ourense, nunha cota duns mil metros.

Durante toda a semana que vén, incluíndo Noitevella, espérase mal tempo, cun tren de borrascas varrendo Galicia.

Comentarios