A borrasca Daniel activa as alertas climatolóxicas en Galicia

As temperarturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios
Flota amarrada no porto de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Flota amarrada en Burela por un temporal. J.MªÁLVEZ

A borrasca Daniel chega á provincia de Lugo cargada de choiva e neve. O risco será importante xa que ao longo da xornada espéranse acumulacións de ata 20 centímetros de neve, o que levou a activar a alerta laranxa na montaña lucense. Desta situación tampouco se librará Ourense.

En canto a A Coruña e Pontevedra, terán activada a alerta amarela por mar combinada de 4 a 5 metros. 

A AEMET espera que este martes, a consecuencia da borrasca Daniel se produzan precipitacións localmente fortes e/ou persistentes no noroeste peninsular e que serán en forma de neve a partir de 700 metros. 

PREDICCIÓN. O martes será unha xornada de transición, aínda que persistirá o aire frío en capas altas. Deste xeito, os ceos alternarán nubes e claros en xeral, con choivas ocasionais na primeira metade do día.

As temperarturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas non terán cambios. O vento soprará do noroeste, virando o compoñente sur forte ao final do día.

Meteogalicia

Comentarios