Buscan un home de 78 anos desaparecido en Vigo e outro de 47 no Carballiño

A alerta pola ausencia do septuaxenario saltou este martes

Carlos Penedo, desaparecido en Vigo. TWITTER
photo_camera Carlos Penedo, desaparecido en Vigo. TWITTER

A Garda Civil e Sos Desaparecidos solicitaron este martes a colaboración cidadá para localizar dous homes que se atopan en paradoiro descoñecido, un deles desde o domingo e o outro desde o pasado domingo. A ausencia máis longa é a de Marcos Cacabelos Riveiro, de 47 anos, que falta desde o día 19 de O Carballiño. Ten ollos marróns, pelo negro e cando se lle perdeu a pista vestía un pantalón de cor escura, chaqueta azul mariño e zapatillas de montaña de cor marrón. Conducía ademais o seu coche, un Audi A3 de cor azul con matrícula 9353 DPD.

O segundo desaparecido é Carlos Penedo Pérez, un home de 78 anos e complexión grosa ao que buscan desde este martes día 21 de maio en Vigo. Ten o pelo curto, canoso, ollos azuis e conduce un Mercedes 190 matrícula 0107 FNM.

Comentarios